luns, 26 de setembro de 2016

DO LATÍN AO GALEGO

Para comezar a falar da lingua galega debemos reparar como nace e se forma. Así o tema do "Latín ao galego" deixa as claves sobre os elementos que actúan pora que naca a lingua galego-portuguesa.
1. Formación da lingua: Estratos

2. O período prerromano

3. A Romanización

4. O superestrato xermánico

5. O superestrato árabe

6. A formación histórica do léxico galego: palabras cultas, semicultas e patrimoniais

(axuda na ligazón para latinismos)


Explicación dunha compañeira que preparou este Slide. Grazas por compartir connosco.



Aquí podes velo de xeito resumido no traballo dos compañeiros do IES das Lagoas. Grazas por compartir.




ONDE O MUNDO SE CHAMA GALICIA




Ficha de traballo do vídeo "Onde o mundo se chama Galicia"

1- A quen derrotaron os romanos?
2- Como vivían os Gallaici?
3- Que territorio abranguía a Gallaecia?
4- Por que viñeron os romanos á Gallaecia?
5- En que data chegaron?
6- Quen foi Décimo Xulio Bruto?
7- Que son as Médulas?
8- Que ocorreu no monte medulio?
9- Cal foi a cidade romana por excelencia?
10- En que século tivo lugar a chegada do cristianismo?
11- Que pobo chegou a Gallaecia no ano  410?
12- Que achegaron os suevos á configuración do territorio galego?

O LEGADO CELTA



Ficha de traballo sobre o documental "O Legado Celta"

1- Que período abarca a etapa Castrexa?
2- Cita nome de asentamentos castrexos e explica como se organizaban.
3- Cita os asentamentos castrexos galegos que cita no documental.
4- Cita os asentamentos portugueses que cita no documental.
5- Cales son os outros países con asentamentos castrexos?
6- Cita as manifestación artísticas dos celtas que menciona no vídeo-

Ningún comentario:

Publicar un comentario