martes, 13 de xuño de 2017

FELIZ VERÁN


A DESCUBRIR LUGARES MÁXICOS COMA ESTE, PRAIA DE TUIA. BUEU: PONTEVEDRA

Quería agradecer ao meu alumnado deste curso 2016-2017 toda a paciencia que tiveron comigo despois das distintas emocións e situacións delicadas que no plano persoal me tocou vivir.

Sempre digo e direi que o maior valor do noso centro de ensino é o alumando!!! Sen dúbida espectacular!!! De cando en vez temos poucas ganas de estudar, os profes tamén eh!! Pero se tiras deles dan sempre o mellor de si, e canto máis lles esiximos mellor resposta. Incluso aqueles pequechos/as que pensaban que todo ía ir mal na primeira avaliación, decatáronse que non é nada difícil mudar de actitude cando se está errado, ese é o camiño do éxito, non o esquezades.

Tanto a pequenos coma a grandes quería dicirvos que é moi importante ter un soño na vida e dirixirse cara el cada día construíndo o camiño, que lousa a lousa nós mesmos imos deseñando para que se poidan facer realidade. Xa sabes cal é o teu soño? pois a por el!!! E se non o sabes, seguro que has de atopalo axiña para coller implulso e traballar moito para conseguilo.

Grazas polos bos desexos. Encantoume a sorpresa de hoxe!! Agradecida de ser titora unha vez máis porque sempre conto con familias fabulosas!! Teño sorte!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario