luns, 29 de maio de 2017

NON PERDAS OLLO AO REXURDIMENTO

Guión de preguntas para poder xogar con axuda!!!

  1. Define que é o Rexurdimento gaelgo.
  2. Define que é o Galeguismo.
  3. Explica cales son as causas que favorecen o desenvolvemento do Galeguismo.
  4. Cal é o feito que marca o comezo do século XIX?
  5. Que se celebra en 1812 e que se consegue?
  6. Que son as Guerras Carlistas?
  7. Cando se instaura a 1ª República?
  8. Explica como era a sociedade galega do século XIX
  9. Explica que é a Desamortización de Mendizával (1837).
  10. Cita o nome de dous impostos que os galegos pagaban á igrexa e mais ao estado.
  11. Explica cal é o papel da burguesía no XIX.
  12. A onde se produce a emigración masiva dos galegos no século XIX?
  13. Cal é a situación da lingua galega no século XIX?
  14. Que é a Lei Moyano?
  15. Cal é o líder do Provincialismo?
  16. Cal é o ideario do Provincialismo?
  17. Que son os Mártires de Carral?
  18. Cales son os líderes do Rexionalismo?
  19. Cal é o ideario do Rexionalismo?
  20. Cal é o logro co que se pecha a etapa do Rexionalismo galego en 1906?
  21. Cales son os líderes do Nacionalismo?
  22. Cal é o ideario do Nacionalismo galego?
  23. Cal é o maior logro dos nacionalistas do 1º terzo do século XX?
  24. Cales son os obxectivos do Rexurdimento?
  25. Cales son as iniciativas que poñen en marcha os estudosos do Rexurdimento?
  26. Cita o título dun texto propagandístico en galego do 1º terzo do XIX.
  27. Cita o título do testo de teatro escrito no cárcere a comezos do XIX.
  28. Que é o Album de la Caridad?
  29. Cal é o primeiro libro da literatura contemporánea galega?
  30. Cal é a primeira novela galega do XIX?
  31. Cal é a inspiración do primeiro poemario galego de Rosalía de Castro? Como se chama ese poemario?
  32. Por que é tan importante o poemario que Rosalía publica en 1863?
  33. Cita un poema costumista de Cantares gallegos?
  34. Cita un poema amoroso de Cantares gallegos?
  35. Cita un poema intimista de Cantares gallegos?
  36. Cita un poema social de Cantares gallegos?
  37. Cales son as innovacións do poemario de Follas Novas?
  38. Cales son as partes en que se divide Follas Novas e cales son os temas que os caracterizan?
  39. Cales son os símbolos da obra de Rosalía e cal é o seu significado?
  40. Como se chama o poemario de Pondal?
  41. Cal é o título do poema épico de Pondal e cal é a súa fonte de inspiración?
  42. Cal é o poeta do Rexurdimento que foi membro numerario da RAG?
  43. Cal foi o primeiro presidente da RAG?
  44. Que foron os encargados de preparar a creación da RAG dende A Habana?
  45. Onde nacen Rosalía, Curros e Pondal?
  46. Onde está enterrado Curros Enríquez?
  47. Quen é o escritor do himno galego?
  48. Recitar a primeira estrofa do himno galego?
  49. Explica cales son as liñas temáticas do poemario de Pondal?
  50. Que lle ocorre a Curros Enríquez coa publicación do seu poemario de 1880?
  51. Cal é  a principal liña temática de Curros? Explica.
  52. Cal é o motivo polo que temos poemas costumistas no poemario de Curros Enríquez?
  53. De que tratan os poemas intimistas que aparecen no poemario de Curros Enríquez?
  54. Cal é o título da obra anticlerical de Curros Enríquez?
  55. Quen escribiu o Catecismo do labrego?
  56. Cal é o título da primeira publicación periódica en galego no XIX?
  57. Cal é a primeira peza de teatro do Rexurdimento en galego?
  58. Cal é o título da primeira obra de teatro en prosa e en galego?
  59. En que imprenta se publica o primeiro libro moderno en galego?
  60. Que son os caciques? Cal é a familia de caciques con maior influencia no XIX?



ROSALÍA DE CASTRO

Aquí tedes algunha ferramenta para vos achegardes á nosa escritora.




Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.

Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.



CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO 

1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora? 
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía? 
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?




Que maneira mellor que comezar a clase de Rosalía con esta magnífica interpretación de Silvia Ferre e Roi Casal, xunto aos seus músicos e ao seu pai, Nando Casal, o creador do grupo Milladoiro.


Tecin soia á miña tea, 
Sembrei soia o meu nabal, 
Soia vou por leña ô monte, 
Soia á veo arder n'o lar. 
Nin n'a fonte nin n'o prado 
Asi morra c'o á carráx 
El non ha de virm' á erguer, 
El a non me pousará. 
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás... 
Ferbe o pote... mais, meu caldo, 
Soiña t'hei de cear. 
Cala rula, os teus arrulos 
Ganas de morrer me dan, 
Cala, grilo, que si cantas 
Sinto negras soïdás. 
O meu homiño perdeuse, 
Ninguen sabe en onde vay... 
Anduriña que pasache 
Con él as ondas d'o mar, 
Anduriña, voa, voa, 
Ven e dime en ond'está.

Rosalía de Castro, Follas novas


Outras versións de poemas de Rosalía en disferentes estilos musicais.



Os nenos da varíola

  

A  novela Os nenos da varíola de María Solar, foi a novidade nas lecturas deste curso 2016-2017 e todo un éxito. 

A lectura resultoulle interesante e amena ao noso alumnado e iso é unha gran satisfacción como docente.

Despois da lectura viños a película de Miguel Bardén, 22 ángeles, inspirada nunha novela anterior á nosa, de 2010, de aí que o que non haxa simetría entre a obra e o fime que vimos.


  


Por último o Alumnado de bacharelato do IES Rafael Puga Ramón, reflexionou sobre a lectura, por un lado analizando os problemas daquela época e confrontándoos cos da sociedade actual e por outro contrastando coa novela. Ademais tamén nos contan que foi o que máis e o que menos lles gustou.