Aquí tedes algunha ferramenta para vos achegardes á nosa escritora.
Grazas a este vídeo poderedes entender esa poesía máis existencialista de Rosalía de Castro.
Reparade cando vexades o vídeo nas cuestións que figuran abaixo.
CUESTIONARIO SOBRE O VÍDEO
1- Cal é a repercusión de Rosalía de Castro na nosa litreratura?
2- Cal é o elemento natural que exerce unha influencia especial sobre a escritora?
3- Que corrente de pensamento inflúe nela para ter esta atracción polo elemento que buscamos?
4- Explica por que sente Rosalía unha fonda preocupación polos nenos abandonados?
5- Que drama da vida de Rosalía representa o símbolo da "Negra sombra"?
6- Cando como e onde coñece Rosalía a Murguía? Cando casa con el?
7- Que concepción ten da muller Murguía?
8- Que opinión expresa Rosalía no artigo "Las literatas" sobre o papel da muller no séc. XIX?
9- Que é o que lle preocupa realmente da situación da muller?
10- Que papel xoga Aurelio Aguirre na vida de Rosalía?
11- Cal é a razón pola que Rosalía decide escribir en Galego?
12- Cales sib is sugnificados do símbolo da "sombra" segundo os distintos especialistas?
13- Cal é a orixe do sentimento de "DOR" que persegue a Rosalía?
Que maneira mellor que comezar a clase de Rosalía con esta magnífica interpretación de Silvia Ferre e Roi Casal, xunto aos seus músicos e ao seu pai, Nando Casal, o creador do grupo Milladoiro.
Tecin soia á miña tea,
Sembrei soia o meu nabal,
Soia vou por leña ô monte,
Soia á veo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El a non me pousará.
¡Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hei de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas d'o mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.
Rosalía de Castro, Follas novas
Outras versións de poemas de Rosalía en disferentes estilos musicais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario