Gramática: todas as clases de palabras
Lingua e Sociedade:
- Orixe e formación da lingua galega. Que elementos interveñen na súa formación.
- A situación da lingua na Idade Media (normalización) / Séculos Escuros e Rexurdimento (desprestixio, prexuízos, voces reivindicativas)
- As linguas no mundo, máis falantes, máis importante, familia máis importante, familia á que pertence o galego, o plurilingüismo, en España, Europa e o mundo. Linguas oficiais, linguas de estado, linguas minorizadas.
Literatura:
- A idade media: contexto, cantigas profanas (amor, amigo, escarnio e maldicir, xéneros menores); cantigas relixiosas (Cantigas de Santa María) e prosa medieval.
- Literatura dos Séculos Escuros e a Ilustración
- Literatura do Rexurdimento: A literatura do primeiro terzo; o prerexurdimento; o rexurdimento pleno e a etapa de fin de século.
Listaxe de preguntas para repasar literatura:
1. Cal
é a vía cultural que trae a Galicia a lírica provenzal?
2. Cal
é o cancioneiro máis completo que se conserva?
3. Como
chegan a nós as cantigas do rei Don Dinís?
4. Como
chegan a nós as cantigas de Martín Códax?
5. Que
é a Arte de Trobar?
6. Cal
é a obra lírica máis importante de Afonso X, o Sabio?
7. Cales
eran os temas das cantigas medievais?
8. Diferenza
trobador e xograr?
9. Quen
eran os menestreis?
10. Quen
é María Pérez, a Balteira? A que se dedicaba?
11. Cal
é o primeiro reino independente da península Ibérica?
12. Que
diferenza as cantigas de amigo e de amor?
13. Cales
eran os temas das Cantigas de Escarnio e Maldicir?
14. Que
é unha Tenzón?
15. Explica
por que Afonso X non é o único que compuxo as Cantigas de Santa María aínda que
se di que el é o seu autor.
16. Os
códices das Cantigas de Santa María
por que son ricos e luxosos?
17. Clasifica
este título, Historia troiana, segundo o tipo de prosa medieval.
18. Que
son os Miragres de Santiago?
19. Que
son as Revoltas Irmandiñas?
20. Cal
é o título da obra teatral que escribe Gabriel Feijoo de Araújo?
21. Cal
é o título da obra de prosa que conservamos do século XVI?
22. Cita
o nome dunha poetísa do século XVIII.
23. Cita
o autor e a obra da peza de teatro do séc. XVIII.
24. Quen
foi Martín Sarmiento? Que pretendía para Galicia?
25. Cita
un exemplos de literatura de circunstancias dos SS EE. Que feitos da época
recreán?
26. Que
son os “Mártires de Carral”?
27. Cal
foi a consecuencia da Ley Moyano de Instrucción Pública?
28. Quen
foi Antolín Faraldo?
29. Quen
son os líderes do Rexionalismo?
30. Quen
escribiu Proezas de Galicia?
31. Cal
era a esencia do Galeguismo?
32. Cita
o autor que gañou os Xogos Florais co poema “A Galicia”.
33. Cita
o nome da primeira novela en galego do XIX.
34. Cita
o nome da primeira obra de teatro en Galego e en prosa escrita xa a comezos do
XX.
35. Quen
escribe o poemario Espiñas, follas e flores?
36. Como
se chama a poetisa que destacou pola defensa dos dereitos da muller e pola súa
faceta de oradora pública.
37. Quen
son os autores denominados precursores?
38. Para
que escribiu Curros o Divino sainete?
39. Por
que escribiu Curros poemas costumistas e como se titulan eses poemas?
40. Por
que é Curros o autor máis famoso do Rexurdimento?
41. Que
simboliza a máquina do tren en Curros cando di que “é o Cristo dos tempos
modernos”?
42. Rosalía
ten poesía de carácter social. Que problemas trata neses poemas? Pon exemplos.
43. Cales
son os dous poemarios en galego que escribiu Rosalía de Castro?
44. Quen
é o Bardo na poesía galega do Rexurdimento?
45. Onde
se coñecen Rosalía, Murguía e Pondal? Que filosofía ou pensamento compartían?
46. Que
son Os Eoas?
47. Cal
dos poetas do Rexurdimento foi membro da RAG?
48. Que
son os Xogos Florais? E o Album de la Caridad?
49. Cal
foi a primeira novela en galego do Rexurdimento e quen a escribiu?
50. Cal
é a primeira obra de teatro do rexurdimento?
51. Que
escribiu a primeira peza de teatro en prosa en galego?
52. Que
é O tío Marcos da Portela?
53. Que
é a “negra sombra” na lírica do Rexurdimento?
54. Que
simboliza o “fouciño” en Curros?
55. Que
se conmemora hoxe na data de publicación de Cantares gallegos?
56. Quen
foi o primeiro presidente da RAG?
57. Cal
é o poemario de temática social máis importante do Rexurdimento?
58. Cales
son os obxectivos do Rexurdimento?
59. Que
se fai durante o Rexurdimento en Galicia para lograr eses obxectivos?
60. Onde
está enterrado Curros Enríquez?